IX XORNADA DA FROTA DO CERCO
A Frota que non para: xestión, ciencia e valor nun mar que cambia.
17 de abril
Salón de Plenos, Concello de Sada.
9:30 h
Presencial o Streaming (seleccionar en formulario)
A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, ACERGA, ten o pracer de convidarlle á IX Xornada da Frota do Cerco «A Frota que non para: xestión, ciencia e valor nun mar que cambia», que se celebrará o próximo 17 de abril no salón de plenos do Concello de Sada. Esta xornada reunirá a profesionais do sector pesqueiro, representantes institucionais e comunidade científica nun espazo de diálogo e análise sobre os principais retos que afronta a frota de cerco. A crise da xarda, a interacción co atún vermello ou a sostibilidade económica da frota de cerco serán algúns dos eixos crave que se abordarán ao longo do encontro. O evento combinará relatorios e mesas de debate co obxectivo de compartir coñecemento, intercambiar experiencias e avanzar cara a un modelo de pesca máis eficiente, sostible e competitivo.
Compraceríanos poder contar coa súa presenza.
INSCRICIÓN